Sunday 05 de May de 2024

Ciclo Marusía Escénica no auditorio da Senra de Bergondo esta fin de semana.


O vindeiro sábado 9 de Marzo celébrase en Bergondo unha xornada de teatro afeccionado no que formarán parte grupos dos concellos de Sada,Bergondo, Cambre e Oleiros.

Co obxectivo de achegar as artes escénicas aos cidadáns e cidadás como parte da actividade cultural, integradora e participativa, desenvólvese durante o mes de Marzo unha nova edición de Marusía Escénica, un certame de intercambio entre distintos grupos de teatro afeccionado, organizado polo concello de Bergondo, concello de Sada, concello de Cambre, concello de Oleiros, Camtheam e Asociación Cultural Catro Gatos, que levará as representacións polos concellos participantes na mostra.

A programación deste sábado 9 comeza ás 16:00 con EN MEMORIA DE TROIA de EMTS Teatro de Sada; continúa ás 18:00 con ANACOS DE VIDA de EMUTO ( CEMAE Oleiros) e remata con VEREDICTO de Camtheam de Cambre.

Entrada libre ata completar aforo.